lunes, 26 de mayo de 2014

Rap en galego sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos

   Neste vídeo, Susana Capón, Martín Vidal e máis eu, Pablo José Fernández, falamos sobre os dereitos humanos recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Tentamos falar de todos un pouco, pero centrámonos nos seguintes:

   - Toda persoa ten dereito á liberdade.

   - Toda persoa ten dereito á igualdade social, política e xudicial.

   Mencionamos tamén os recortes que se están a aplicar ultimamente, a parte dos abusos por parte dos mandatarios de turno, e o feito de que non se poida criticar a esta sociedade ou aos seus dirixentes sen verte metido nun meollo de moito cuidado.

   Como solución a estes problemas, ou máis ben a estes abusos de autoridade e de desigualdade social, optamos por cambiar nós primeiro, non ir ao son desta sociedade, facer o que nos pareza máis correcto e xusto, e sobre todo ler para aprender, pois o coñecemento adquirido dos libros é indispensable para seguir sendo libres, ou máis ben para tentar selo un pouco máis, perdéndonos entre as páxinas da nosa literatura.

   En definitiva, esta canción é o produto do noso maxín en afán de criticar o que creemos incorrecto e expor as nosas ideas, ou as nosas ilusións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario